domingo, 16 de octubre de 2011

SAN TIRSO D´ABRES VA A RECIBIR EL SÁBADO, DÍA 22, EL PREMIO PUEBLO EJEMPLAR DE ASTURIAS 2011

La escritora Aurora García Rivas (A Antigua, 1948) avéranos nesta entrevista-de Pablo R. Guardado, publicada en Asturies.com- retrucada na fala del llugar, el conceyu más occidental del país.

Aurora García: "O premio é unha maneira de que San Tirso d´Abres soe en toda Asturias e tamén fora

San Tiso d’Abres va recibir el sábadu, día 22, el Premiu al Pueblu Exemplar d’Asturies del 2011. La escritora Aurora García Rivas (A Antigua, 1948) avéranos nesta entrevista, retrucada na fala del llugar, el conceyu más occidental del país. Vusté ye una escritora natural de San Tiso d'Abres. ¿Qué supón pal conceyu recibir el Premiu al Pueblu Exemplar d'Asturies d’esti añu? É un reconocemento ó seu traballo como comunidá de veciños. Coordinados pola Asociación Cultural San Tirso del Eo, qu’esiste dende hai vintecatro anos, veñen facéndose máis de trintaecinco actividades no concello ó largo de todo o ano entre unhas y outras asociacióis, e contando co que se fai tamén dende o Axuntamento y outras asociacióis. As da Asociación Cultural San Tirso del Eo, tan divididas en catro grandes bloques: o plan de recuperación da cultura tradicional (Día la Lengua Materna, Encontro de Portadores de Tradición Oral, Malla lo trigo, Día d’Asturias, Magosto, Esfolla do maíz y gallardón ‘Terra viva’), o d’ocio e participación cultural (cabalgata, Entroido, Pálpitos da Terra, Día do Medio Ambiente, Semana Cultural, excursióis y actividades de Navidá), o de grupos de participación social (teatro –23 anos representado obras con muito ésito–, coro, escola de música y Grupo de Música Brisas del Eo) y o de deportes (Torneo Astur-galaico de Fútbol-sala, Xornadas de Técnica de Deportes y Delagación do Occidente do Observatorio de Deportividá. Despóis hai que contar coas alfombras florales, os concertos de música, talleres, os actos no Auditorio, etc., no que tamén poñen o de seu, a Asociación de Mayores e Renacer, coa axuda do Axuntamento. Como se pode ver, unha comunidá de menos de seiscentas personas, ten que traballar de firme e con muito entusiasmo pra facer todas estas cousas. San Tiso d’Abres, é un Concello d’unos trintaedóus quilómetros cuadrados, o máis occidental d’Asturias, sempre esquencido y aislado, pro ó qu’os veciños s’empeñaron en poñer en valor, tanto botando tras das súas tradicióis como mirando pró futuro y amecendo as dúas d’unha maneira admirable gracias ó traballo de todos y ó bon facer da asociación presidida por Ángel Prieto Souto y as demáis. Foi esta asociación a que s’encargóu de presentar a candidatura, porque é tamén unha maneira de qu’a nosa terra soe, en primeiro lugar, en toda Asturias (era pouco conocida, ou case nada), e tamén fora d’Asturias. Esta asociación ten d’eles premios mui reconocidos. ¿Yera dalgo que los vecinos llevaben esperando munchu tiempu? Era a cuarta vez que San Tiso d’Abres se presentaba ó galardón. Nas tres primeiras quedara sempre finalista e, xahora, sabíase que taba cerca e tíñase muita confianza en que llo deran porque os santirseños sinten qu’o merecen. Nun é doado qu’unha comunidá tan pequena poida facer tantas cousas. Pro eu son testigo, e tamén participo muitas veces nestes traballos, de qu’hai un entusiasmo mui grande por dar a conocer o seu traballo y a súa terra. A todo esto quero amecer unha cousa: a miña máis sincera felicitación ós veciños de San Tirso d’Abres, ás asociacióis que funcionan alí: Asociación Cultural San Tirso del Eo, Asociación de Mayores, Asociación Renacer, de mulleres rurales, porque todas elas traballaron polo mesmo: poñer en valor o noso pueblo y a nosa cultura. Y a alcaldesa, Goretti Quintana Rey, y ó grupo do goberno municipal polo que puxeron da súa parte y o seu interés e traballo pra que San Tiso sea, non sólo un pueblo exemplar, senón un pueblo con vida propia. Gracias a todos. San Tiso d'Abres ye'l conceyu más occidental d'Asturies y esa llonxanza col centru del país, la zona más poblada, fai que pa munchos asturianos sía desconocíu. ¿Cómo ye'l so llugar de nacencia? O feito de que, pra chegar a San Tiso, haxa que meterse na provincia de Lugo unhos quilómetros, e despóis volva a aparecer o Principado d’Asturias, ten muita culpa, non sólo do aislamento no que tuvo, senon de qu’a xente se confunda e pense qu’é parte de Lugo. É unha parroquia sola, San Salvador, un concello pequeno como dixen antes. De clima suave, cruzado por ún dos ríos máis míticos do Norte, o Eo, salmoneiro e truiteiro, con a capital O Chao á mesma veira d’este río, e rodiado por montes de pouco altura, nos que se dispersan aldeas e caserías. Vive da ganadería, da forestal y agora mesmo, do turismo. Hai apartamentos, casas rurales, hotel, camping, restaurantes… A verdá é qu’hai de todo, ademáis de tar ben comunicado pola carretera N-640 que vai a Lugo. Conta con prayas tanto asturianas como galegas ben cerca. A historia de San Tiso é ben guapa. Hai restos do Paleolítico superior no monte d’A Xunqueira y unha necrópolis tumular no Couzogordo. Tamén dá conta do paso dos romanos qu’esplotaron minas de ferro y ouro, pro o máis interesante é que no 1238, otorgóuselle Carta Puebla que se considera o documento fundacional d’este concello. Tuvo algunas industrias, unha de telares pra venta ambulante y outra d’un intento d’aparatos d’óptica que nun foi posto en funcionamento pola Guerra Civil. Nun lle falta Árte antiguo, dende o s. XII, XV, XVI e XVII, nas vinteunha capelas, y un palacio do s. XV (O Pacio), tallas na Igresia Parroquial do XVII e lendas qu’aínda se contan. ¿Qué recomendaría visitar? Ademáis, d’O Chao, algunhas rutas guapísimas, como é a do ferrocarril, que hai muitos anos que nun esiste, e qu’aló polo primeiro do s. XX, fíxose pra levar ferro dende a Pontenova ó cargadeiro de Ribadeo e que vai pola veira mesma do río Eo, polos túneles y o camín da vía. A ruta da Pena do Encanto, no río Ramalleiro, que conta unha lenda d’unha señora que salía peinarse con un peine d’ouro a noite de San Xuan; camiñatas de montaña camín do Couzogordo e camín d’aldeas como A Antigua, Goxe, Eilale…Solmayor, por decir algunha. A Igresia Parroquial y as capelas, O refuxio de pescadores co seu ponte colgante… O paseo pola veira do río Eo...Por haber hai unha chea de sitos guapísimos. Y no gastronómico, ¿hai dalgún platu o postre típicu de la zona? Pois xahora que sí: as Roscas do Xoves Santo, unha receta que nin se sabe cántos anos terá, propia e única d’aló. As chulas, unha masa de fariña frita parecido ós buñuelos. O buchelo, qu’é o vexiga do cocho, curado e cheo de pan, ovos e perexil. As fillogas, antiguamente facíanse de sangre de cocho, pro agora nun se lles bota. O brazo de xitano. O roscón de Pascua…As roscas do Xoves Santo son mui difíciles de facer, mui delicadas e caprichosas, como dicen Carolina Acebo, Nélida Parapar e Nieves Lodos que son as maestras artesanas qu’as fain sempre prá Feira de Mostras da Semana Santa. Os pratos típicos son o caldo galego de cimos ou de grelos, as fabas, a carne de cocho, cordeiro, cabrito, truitas… garabanzos con callos, zorza, castañas asadas e cocidas. Nun é pra pasar fame, vaya. La noticia del premiu, ¿pue servir pa impulsar la economía del conceyu y del occidente asturianu? Eu espero que nun sea algo que chegue e pase, xahora. Pro pra impulsar a economía hai que seguir traballando duro. É unha zona turística privilexada, porque empeza ben cedo, coa aberta dos cotos de pesca, ten un brao mui interesante con muitas ofertas: prazas d’acampada y hoteles, mui boa, y ademáis nun é nada caro. Ademáis ten servicios municipales de piscina, auditorio, casa de cultura, helipuerto... Hay un ambulatorio, farmacia, telecentro, escolas, unha sala d’interpretación da pesca do salmón… Son unha chea de cousas. Nun cabe duda de qu’o Premio axuda, alomenos soa o concello y ha de valer pra que se conoza mellor. E parece que sí, qu’estes días chegan curiosos e turistas pra conocer cómo é o noso pueblo según conta a alcaldesa, Goretti Quintana Rey. ¿Cuáles son los principales problemes que ta viviendo San Tiso d'Abres? A despoblación xa é endémica. A xente marcha traballar fora, anque se ta tentando de facer casas pra que volvan alomenos dormir alí. A baixa natalidá é un problema grande. Por no falar de qu’en morrendo esta xeneración de ganadeiros nun van quedar case ningunha explotación porque os que poden, buscan traballos noutras cousas máis rentables, ou estudian e marchan fora. Van quedando namáis qu’os vellos nas aldeas. O turismo pode ser unha boa cousa, pro nun é abondo. Haberá que buscar outras fontes de traballo, digo eu. ¿Cómo ye la situación no llingüístico? A mayoría da xente fala o galego da zona. Pro vai perdéndose, castallanízase ou galeguízase co galego máis normativo porque muita xente traballa en Lugo. Vai perdéndose muito léxico, contamínase todo mui axina e resulta unha especie d’amalgama d’outras lenguas. Hai que ter en conta que, dentro do qu’é a zona entre o Navia-Eo, San Tirso é o sito no que se fala un galego máis puro, con variacióis mui locales que xa case nun se sinten. É unha pena, pro nun lle vexo bon futuro. ¿Hai xente mozo escribiendo na fala de la zona? Non, mozo nun hai naide. Non de San Tiso, hainos da Veiga, dos Ozcos, Tapia…, pro son variantes diferentes. Usté tien una trayeutoria amplia como escritora, cultivando de manera especial la poesía y los cuentos. ¿Por qué estos xéneros? Eu empecéi escribindo poesía y acabéi escribindo unha novela, (‘As razóis d’Anxélica’) a única que s’escribío hasta agora por aló. Gústame muito escribir contos porque paréceme qu’é un xénero que chega á xente mellor qu’a poesía ou unha novela. Son doados de ler, acábanse axina e teñen un contido que pode ter muitas lecturas. Eu teño dous libros de contos pra nenos pequenos (‘Cinco contos pra xogar coa música’ e ‘Rebelión na caixa máxica’) y ún de dezanove contos pra non tan pequenos (‘Contos, ducia e media d’eles’) que foi traducido ó portugués e publicado bilingüe. É un libro que funcionóu mui ben, aínda qu’o mercado é ben pequeno, pró gustóu muito á xente porque ademáis son contos mui variados, rurales, urbanos, lendas… Hai un pouco de todo. A poesía nun é tan doada de ler, pro eu escriboa tamén en castellano, y é algo que me gusta muito. Teño dous libros: ‘O viaxeiro da noite’ e ‘Trinquilintainas’. Tamén teño tres libros de poesía en castellano: ‘La tierra vertical’, ‘La sombra del alcaudón’ e ‘La flauta del sapo’. Ademáis coordinéi unha antoloxía de Poesía do Occidente, encargada polo concellal de Cultura da Veiga, no 2007. A miña intención nesto, era e sigue sendo, que quedara algo escrito d’unha lengua guapísima qu’algún día esistío, e facela trascender dos nosos límites. Nesto ten sorte a miña lengua, porque os meus libros chegaron lonxe: a Portugal, Arxentina, Chile, Bélgica y a Francia, ademáis de León, Madrid, Canarias, Cádiz, Extremadura… Agora traballo nunha novela en castellano, e teño a esperanza de qu’a Academia da Llingua (cando poida, xahora), me publique a primeira triloxía de contos pra nenos algo meirandes. ¿En qué idioma presta-y más escribir? Tanto me da no meu galego como en castellano. De feito penso nas dúas lenguas, así que nun me da máis traballo unha qu’outra. Tamién forma parte de l'Asociación Cultural L'Arribada, qu'en setiembre desarolló la so estaya Vagamar con una gran cantidá d'actividaes alredor de la lliteratura y cultura asturianes. ¿Qué valoración fai d'esta edición? Quedamos mui contentos, non solo porque houbo unha media de trintaesete personas na asistencia, eso é comprobable, senón porque foron actos preparados con muito cariño e muito traballo. O mellor d’A Arribada, na súa faceta Vagamar, é o prestixio que vai ganando, todo gracias á colaboración desinteresada de muita xente, d’aquí e de lonxe, porque o presuposto que temos é ben probe. Pro temos muitas ganas y eso é o que conta. Tamén tamos mui contentos de cómo funcionan as outras dúas facetas: a 'Rolda', por distintos centros de Xixón e 'Per Asturies' por distintos municipios. Na 'Rolda' o ano pasado tuvemos un escritor arxentino, Carlos Penelas, no Antiguu Institutu, con una lectura y unha charla sobre poesía. L'Arribada encara agora un retu nuevu col encargu del Conceyu de Xixón d'organizar les actividaes lliteraries del Festival Atlánticu de Xixón. ¿Ye una recompensa a un trabayu bien fecho? Xahora qu’é un reconocemento ó noso traballo… con máis traballo, e con muita responsabilidá, pro tamos encantados e dispostos a deixar neso o mesmo coiro se fai falta. Temos a sorte de ser un grupo que se leva ben e mui ben coordinado por Humberto Gonzali. Él e Maite levan o máis duro do traballo, a coordinación, y o asunto dos cartos, que nun é doado repartir tan pouco entre tantas cousas. ¿En qué estáu ta'l proyeutu? Xa se falaron cousas. Hai ideas, proyectos. Houbo un encontro con Rubiera, pro ta todo mui ‘en pañales’ aínda. Empezaremos dentro de mui pouco coas reunióis formales. Contamos con facelo estensivo dunde máis se poida, e traballar duro pra conseguir algo guapo e ben organizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario